A casa

Segundo andar

Segundo andar
Segundo andar

No segundo andar atópase a vivenda con 36 metros² , consta de tres zonas: un dormitorio dobre, un baño e unha cociña con sala de estar. Tódalas estancias están perfectamente equipadas cos materiais necesarios para unha estadía agradable. Así mesmo contamos conexión Wifi gratuíta en toda a vivenda e calefacción de pelets neste segundo andar exclusivamente.

Na cociña o equipamento é completo: lavalouzas, vitrocerámica, neveira, campá estractora, forno-microondas, tostadora, teteira, cafeteira, batidora, etc. Ao lado da cociña está o espazo dedicado á sala de estar que dispón dun sofá cama.

Primeiro andar

Primeiro andar
Primeiro andar

O primeiro andar é un baixo dun só espazo de 36 metros²; nel atópase a zona de prancha, lavadora, tendís, mesa-comedor… Trátase dun espazo de usos múltiples , ónde se pode comer ao fresco no verán, gardar bicicletas, xoguetes, etc. un espazo para o esparcimento. No pasado aquí estaba o cortello e un pequeno almacén. As paredes foron pintadas con cal branca nunha clara intención de sanear o ambiente e dar luz a esta zona. Decorada con varios apeiros de labranza parte da nosa historia familiar; poderedes ver un xugo, un arado tradicional de madeira e punta en ferro, varios forcados, etc.