Historia

Historia da Casa

As nosas referencias máis antigas sobre ela tratan sobre a existencia dun artesán que practicaba o arte do ferro neste lugar. Por iso inda hoxe en día se recorda chamarlle a “Casa do Ferreiro”. O documento máis antigo do que dispoñemos da casa é de 1962. Ano no cal o noso Fogar estaba sendo usado como palleira. As palleiras foron moi importantes na aldea de Tuiriz posto que aquí o cultivo do cereal tivo unha importancia destacada, sobre todo o do centeo.

Durante unhas cantas décadas o Fogar do Pumar funcionou de palleira pero acabaría por cambiar o seu uso converténdose en casa de acollida para familiares retornados da emigración. A casa quedou en desuso fai arredor de 15 anos, converténdose nunha mais da lista de casas pechadas do rural galego.

Na actualidade, reabrimos con moita ilusión as portas e modificamos de novo o seu uso. Hoxe goza da categoría de “Vivenda de Uso Turístico”, conservando a esencia de casa de acollida que tivo no pasado, neste caso recibindo a viaxeiros que deciden visitar a Ribeira Sacra e apostan por aloxarse nas pequenas aldeas de Galicia. Un proxecto que se suma a esta revitalización do rural en pleno século XXI e da cal o noso Fogar do Pumar xa é parte da historia do lugar.