Visitar

Lugares para visitar

O Fogar do Pumar goza dunha localización privilexiada ao atoparse na aldea de Santa María de Tuiriz, no Concello de Pantón. Esta aldea atópase xusto entre dúas localidades importantes: Monforte de Lemos e Escairón. A boa comunicación por estrada é un punto destacable. Formamos parte dun dos 21 Concellos que conforman a Ribeira Sacra e o seu Plan de Dinamización Turística.

O río Sil e o río Miño son os dous principais cursos fluviais que bañan estas terras. Por ambos transcorren os catamaráns turísticos. Desde eles obsérvanse  as paisaxes únicas que están conformadas pola típica vexetación atlántica e mediterránea propia deste lugar. En ambos ríos existen múltiples opcións de actividades deportivas, tales como as rutas en Kayak.

Os viaxeiros deben saber que se atopan na zona ónde os viños elaborados gozan do distintivo “Denominación de orixe Ribeira Sacra”. Esta encárgase da consolidación e promoción dos mesmos. Son moitas as adegas e viñedos que poderán ir visitar os nosos inquilinos así como probar mediante catas as variedades de uva e viño que aquí se dan. Próxima a nós está a adega Abadía da Cova, pendurando cara o río Miño. Todo isto conforma a oferta enoturística.

Entre os viñedos que conforman as ladeiras do río Sil, tamén se pode desfrutar dunha viaxe en Tren Turístico. Dende o cal se observa o sistema de cultivo da vide en socalcos. A chamada “viticultura heroica”. O río Miño é o máis próximo ao Fogar do Pumar. Preto daquí temos o famoso Cabo do Mundo, a Praia Fluvial da Cova, a Fervenza de Augacaída, o Ecomuseo de Arxeriz , a Torre Vilariño (1ª Casa de Turismo Rural de Galicia) e o Pazo de Tor como lugares de visita obrigada.