pumar

anfitriona

Son Tania, filla e neta de labregos e propietaria desta Vivenda aluguer ou Aloxamento turístico na Ribeira Sacra. Nacín e crieime nesta aldea chamada Tuiriz e os meus ollos ven cada día o esmorecemento do rural galego.

Dende ben nena a miña conexión coa natureza e coa vida na aldea foi moi intensa, o que me levou a ser incapaz de irme daquí. Para min a vida en comunidade e no campo é fundamental para todo tipo de desenrolo persoal así como un medio e estilo de vida.

 

Fogar do Pumar

Fogar do Pumar é máis ca unha simple casa de repouso ou unh Aloxamento turístico. Trátase dun proxecto cun claro tinte de reivindicación da vida no campo. Abrir as casas pechadas e darlle un uso, permitir que acollan xente que de maneira puntual interactúen coa vecindade e coñecer o noso lugar. Viaxeiros que nos axuden a dar vitalidade ás aldeas. Que sexan cómplices da xente que apostamos por este modo de vida alternativo. 

Reserva con Nos

Falamos de nos

A casa foi renovada recentemente na súa totalidade. Os viaxeiros que decidan visitar a Ribeira Sacra desfrutarán das súas instalacións completamente novas. Ao mesmo tempo a decoración está sumamente coidada e pensada. Quixemos que estea moi presente a vida campesiña, o recordo materializado na decoración con apeiros de labranza tradicionais, o estilo decorativo retro-vintage nas súas estancias e o compromiso coa bioconstrución.

Completamente equipada ao entrar sénteste como na casa, como nunha  antiga pequena casa de aldea. O Pumar conserva o encanto daqueles tempos de vida campesiña que hoxe tratamos de conservar.

A casa

Os nosos viaxeiros poden desfrutar de dous andares. Ambos conéctanse no exterior mediante unha escaleira de pedra e pasamán de ferro forxado, formando un pequeno balcón con vistas á rúa. A estrutura externa  é de pedra local tipo granito. Ten unha capacidade máxima para 4 persoas e dispoñibilidade de cuna para bebés. Ideal polo tanto como aloxamento para familias ou pequenos grupos de amigos.

Segundo andar

No segundo andar atópase a vivenda con 36 metros² , consta de tres zonas: un dormitorio dobre, un baño e unha cociña con sala de estar. Tódalas estancias están perfectamente equipadas cos materiais necesarios para unha estadía agradable. Así mesmo contamos conexión Wifi gratuíta en toda a vivenda e calefacción de pelets neste segundo andar exclusivamente. Na cociña o equipamento é completo: lavalouzas, vitrocerámica, neveira, campá estractora, forno-microondas, tostadora, teteira, cafeteira, batidora, etc. Ao lado da cociña está o espazo dedicado á sala de estar que dispón dun sofá cama.

Primeiro andar

O primeiro andar é un baixo dun só espazo de 36 metros²; nel atópase a zona de prancha, lavadora, tendís, mesa-comedor… Trátase dun espazo de usos múltiples , ónde se pode comer ao fresco no verán, gardar bicicletas, xoguetes, etc. un espazo para o esparcimento. No pasado aquí estaba o cortello e un pequeno almacén. As paredes foron pintadas con cal branca nunha clara intención de sanear o ambiente e dar luz a esta zona. Decorada con varios apeiros de labranza parte da nosa historia familiar; poderedes ver un xugo, un arado tradicional de madeira e punta en ferro, varios forcados, etc.

Tuiriz

En Tuiriz poderán observar varios exemplos da arquitectura tradicional galega. Así como, as típicas Casas Señoriais ou Casas Grandes do século XIX-XX pertencentes a varias linaxes fidalgas da aldea cos seus escudos de armas. Tamén contamos cun Pazo señorial privado do s.XVII, dúas igrexas en honra á Santa María e Santa Baia (ambas do s.XVI), unha capela do s.XVII en honra á Virxe do Carme, un peto de ánimas e unha Reitoral do 1890 que acompaña a un antigo economato.

Arquitectura tradicional Galega

Na aldea existen unha serie de fontes tradicionais que conforman parte do noso patrimonio etnográfico. Todas elas espalladas polos diferentes barrios e cuxo uso tivo no pasado unha importancia destacable ao suministrar aos veciños este preciado ben. Neste sentido cabe destacar a presencia dun lavadoiro de roupa comunal, moi usado en tempos polas mulleres do rural cando non había outro medio para lavar as súas prendas.

En Tuiriz contamos inda coas dúas edificacións que serviron de colexios en etapas do franquismo e postfranquismo “a Escola de Saa” de nenos e a “Escola da carretera” de nenas.  Así mesmo, a máis antiga que foi escola en tempos dos nosos avós fai arredor de 100 anos, “a Escola do Americano” no barrio de Pacios (mixta).

Paisaxe

A nivel paisaxístico contamos cun preciado Monte Comunal, “O Ferroedo”. Trátase de 500 hectáreas distribuídas en diferentes aproveitamentos (piñeiros para venta de madeira, extración de resina, cultivo de cereais, pastizais de xestión gandeira, etc.) e cunha das mellores vistas da Ribeira Sacra no chamado Alto da Capela (656m. de altitude). Desde este alto tense unha visión de 360º da Ribeira Sacra e arredores así como vista directa ao Val de Lemos. Lugar ideal para levar a cabo rutas a pé, a cabalo ou en bicicleta de montaña, desfrutar da natureza en estado puro ao mesmo tempo que se pode observar un sistema de autoxestión en terras de propiedade comunal.

Eventos

En relación co aproveitamento comunal do monte comezouse a facer na aldea no ano 2018 a 1ª Festa da Malla tradicional. Nela represéntase a colleita e o procesamento do centeo como se facía fai unhas décadas. É unha festa de carácter histórico e etnográfico feita integramente polos veciños, actores principais de cada paso na organización e representación da mesma. Polo tanto, aloxarte no Fogar do Pumar suporá a oportunidade de vivir unha experiencia no rural. Ter a oportunidade de visitar unha pequena aldea chea de historia e cunhas particularidades que a fan diferente ás demais.

Visitanos