Fogar do Pumar

Carta da anfitriona

Anfitriona en escaleras de casa Aloxamento turístico Ribeira Lugo Vivenda aluguer
Anfitriona

Son Tania, filla e neta de labregos e propietaria desta Vivenda aluguer ou Aloxamento turístico na Ribeira Sacra. Nacín e crieime nesta aldea chamada Tuiriz e os meus  ollos ven cada día o esmorecemento do rural galego.

Dende ben nena a miña conexión coa natureza e coa vida na aldea foi moi intensa, o que me levou a ser incapaz de irme daquí. Para min a vida en comunidade e no campo é fundamental para todo tipo de desenrolo persoal así como un medio e estilo de vida.

Toda esta conexión co campo xunto coa miña asistencia en vivo ao seu despoboamento e abandono, fixo que o espírito de loita fose aumentando en min, dando lugar á busca de alternativas que fagan posible reverter esta situación comezando dende o propio ámbito local. Activista convencida non podería quedar de brazos cruzados.

Fogar do Pumar é máis ca unha simple casiña de repouso, vai máis alá dunh Aloxamento turístico na Ribeira Sacra ou Vivenda aluguer. Trátase dun proxecto cun claro tinte de reivindicación da vida no campo. Abrir as casas  pechadas e darlle un uso, permitir que acollan xente que de maneira puntual interactúen cos veciños e veciñas e poidan coñecer o noso lugar. Viaxeiros  que nos axuden a dar vitalidade ás aldeas e ao mesmo tempo contribúan e posibiliten coa súa estancia a creación de postos de traballo no rural galego. Que sexan cómplices  da xente que apostamos por este modo de vida alternativo. Trátase do acollemento de viaxeiros respetuosos e conscientes da importancia da súa presencia na aldea, con toda a responsabilidade que iso conleva en materia de integración coa vecindade. Falamos de turismo consciente e/ou sostible, non masificado. Pola revitalización do rural galego! Turismo consciente e integrador